O Delegado Territorial da Xunta mantén un encontro con novos directores/as dos centro docentes públicos da provincia de Ourense

O Delegado Territorial da Xunta mantén un encontro con novos directores/as dos centro docentes públicos da provincia de Ourense

42 novos directores

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá cos 42 novos directores que, tras o proceso ordinario convocado pola orde do 12 de marzo de 2025 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, se incorporarán aos centros docentes públicos da provincia de Ourense.

140725 Encontro directores centros educativos OU 2

Nesta reunión de presentación abordáronse aspectos relativos á organización e funcionamento da Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en Ourense, ao obxecto de facilitar aos novos directores a información necesaria para o desenvolvemento das tarefas que asumen.

Asemade, o delegado territorial, trasladoulles as liñas de traballo da Consellería anunciadas polo  titular da Consellería, Román Rodríguez, no seno da Xunta Autonómica de Directores, relativas á creación dun grupo de traballo para simplificar os procesos administrativos vinculados aos centros educativos, así como a elaboración dun Manual de Mantemento dos Centros Educativos.

140725 Encontro directores centros educativos OU 3