​Xinzo de Limia implanta o programa pioneiro “Axente Titor” para previr e actuar ante situacións de risco que afecten á infancia e á adolescencia, dentro e fóra dos centros educativos

​Xinzo de Limia implanta o programa pioneiro “Axente Titor” para previr e actuar ante situacións de risco que afecten á infancia e á adolescencia, dentro e fóra dos centros educativos

O Concello, a Policía Local e os centros educativos asinan o convenio para activar o programa a partir do curso 2025/2026


Tamén se impulsa a creación dun Consello Escolar Municipal para reforzar a coordinación e a prevención en todo o termo municipal

  • O Concello de Xinzo de Limia vén de dar un paso pioneiro en materia de seguridade cidadá coa sinatura do convenio de implantación do programa “Axente Titor”, unha iniciativa novidosa que permitirá activar esta figura de referencia a partir do curso escolar 2025/2026.

  • O programa “Axente Titor” consiste na designación dun axente da Policía Local con formación específica para facer seguimento de situacións que afecten á infancia e adolescencia: acoso escolar, conflitos entre iguais, condutas de risco tanto dentro coma fóra dos centros educativos, en rúas, parques ou espazos deportivos entre outros.

A sinatura do convenio formalizouse nunha reunión celebrada na sala de xuntas do Concello, coa participación do alcalde, o concelleiro responsable da Policía Local, o inspector xefe, o axente titor asignado e os directores dos dous institutos de Xinzo de Limia.

Xunto coa implantación deste programa, tamén se deron os primeiros pasos para constituír un Consello Escolar Municipal, co obxectivo será garantir unha resposta áxil e coordinada ante calquera problemática que afecte á mocidade, buscando sempre a prevención como prioridade.

Desde o Concello destacan que “Axente Titor” sitúa a Xinzo de Limia como un dos primeiros municipios en Galicia en activar unha ferramenta deste tipo, apostando por un modelo de traballo preventivo, proactivo e comprometido co benestar da infancia e da adolescencia.