Xinzo conta co primeiro Axente Titor da provincia de Ourense

Antonio Díaz, axente titor e o inspector xefe da Policia Local, José Manuel Estévez.
Xinzo conta co primeiro Axente Titor da provincia de Ourense

De entre os candidatos presentados a nivel Galicia, só Antonio Díaz Laje (Toni) foi seleccionado.

Onte coñeciamos a boa nova de que Xinzo implementará o programa "Axente Titor". Unha iniciativa na que un axente da policía local, con formación especifica, fará o seguimento de situacións como: acoso escolar, condutas de risco e conflitos entre iguais, nos centros educativos, nas rúas, parques e espazos deportivos entre outros.

Neste caso o Axente Titor en Xinzo será Antonio Díaz Laje, un axente que se preparou o ano pasado, nunha formación a nivel nacional, onde de entre unha serie de candidatos foi seleccionado. En palabras del: "Foi un curso a nivel nacional, aínda que da plantilla presentámonos 3 ou 4, a nivel Galicia non sei cantos, ao final dos municipios de toda España que teñen Policía Local escolleron a 30, de Galicia fun eu, fomos a Madrid, a un  curso intensivo, de teoría e práctica"

IMG 20250717 WA0010

Antonio foi o único da comunidade autónoma que foi seleccionado para o curso, realizado por FEGAM e  ANAT (Asociación Nacional de Axentes Titores). Tras pasar unha serie de cribas e examenes.

Na provincia de Ourense, a Policía Local de Xinzo é o primeiro en ter esta figura, sempre contando co apoio incondicional do Concello de Xinzo. 

Adicarase a traballar de xeito proactivo, nos diferentes centros educativos, para evitar que as situacións se "enquisten" e vaian a mais, como tristemente acontece, xa non so co bullying senón tamén co ciberbullying, algo que esta a orde do día. Para elo encargarase de acercarse aos menores, e crear unha rede de contactos entre as institucións, Educación, Servizos Sociais, Policía Local, Fiscalía de Menores, etc.

O obxectivo principal é a prevención, e que esas condutas non acaben en problemáticas maiores, polo que fará un papel de mediador entre as familias, os centros e os propios menores. E sobretodo o tema complexo do ausentismo escolar, de onde soen derivar moitas das problematicas. Un traballo cunha importante parte vocacional que lle levara moitas horas de traballo mais aló da súa xornada laboral.

A colaboración cidadá, dos centros e dos propios menores será fundamental, só asi se acadará un ben común para todos.

Ao mesmo tempo están intentado impulsar o Consello Escolar Municipal para reunirse trimestral ou semestralmente e por nunha posta en común todas as problemáticas as que poden estar expostos os menores.