Charla informativa sobre a contaminación das augas da Limia
O sábado 19 de xullo, as 20:00 h na Casa da Cultura
Auga Limpa Xa e o MEL (Movemento Ecoloxista da Limia) organizan unha palestra informativa en Xinzo para explicar, coa axuda de demandantes e científicos, o alcance da sentenza do TSXG a raíz da demanda por vulneración de dereitos fundamentais que sinala a inacción da Xunta de Galiza e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil diante da contaminación das augas da bacía do Limia. Tamén explicarán as demandas de solucións baseadas nunha moratoria para frear a gandaría industrial, a mellora na xestión de residuos e a intervención das autoridades sanitarias mediante un estudo sobre a incidencia da contaminación na saúde humana.
Sábado, 19 de xullo, ás 20 horas na Casa da Cultura
Interveñen:
Pablo Álvarez (portavoz das veciñas das Conchas, Lobeira)
Eduardo Costas (Universidad Complutense de Madrid)
Serafín González (Sociedade Galega de Historia Natural)
Manuel García (Movemento Ecoloxista da Limia)
Organizan:
Augas Limpas Xa!
Movemento Ecoloxista da Limia
Auga Limpa Xa e o MEL agradecen a colaboración do Concello de Xinzo pola cesión da Casa da Cultura para a celebración do acto.
Antes do comezo da charla recolleranse sinaturas no marco da campaña de apoio ao cumprimento da sentenza do TSXG e pola posta en marcha das medidas que vén reclamando historicamente a veciñanza das comarcas da Limia e outras lindeiras.