​Alimagro converterá Xinzo de Limia na capital agraria da pataca do 5 ao 7 de setembro

​Alimagro converterá Xinzo de Limia na capital agraria da pataca do 5 ao 7 de setembro

A localidade ourensá acollerá a tradicional Feira da Pataca, xunto a unha ampla exposición de maquinaria

A pataca segue xerando músculo e gañando peso específico dentro da agricultura galega, aínda que ten ante si numerosos retos para garantir a súa rendibilidade. Ese é o contexto no que se celebra a VI edición de Alimagro, a Feira do Agro da Limia, que volverá ser o escaparate do sector agrario en Xinzo de Limia.

Cartel Alimagro 2025 A3 con sangre

Esta nova edición celébrase do venres 5 ao domingo 7 de setembro e o seu programa inclúe a Feira da Pataca e a Feira da Maquinaria, unha ampla exposición coas últimas novidades presentes no mercado.

O xoves 4 de setembro a feira contará cun prólogo moi centrado na produción e a comercialización da pataca. É a terceira Xornada Técnica da Pataca, organizada pola Revista Campo e que dedicará especial atención á sanidade vexetal, á eficiencia na fertilización e á calidade e cantidade de auga para a rega.

Recoñecida como unha das dez principais feiras do sector en España, Alimagro é unha iniciativa organizada polo Concello de Xinzo de Limia, consolidándose como un referente nacional no seu ámbito.

Onde se celebra?

A Feira da Pataca celébrase no polideportivo da localidade, que acollerá numerosos expositores. Entre eles, estarán presentes algunhas das empresas máis destacadas do sector do cultivo da pataca, tanto a nivel rexional como nacional, que presentarán as súas últimas innovacións, produtos e técnicas agrícolas.

Pola súa banda, a Feira da Maquinaria rodeará o Parque do Toural e estenderase ao longo da rúa Dous de Maio. Empresas de maquinaria presentarán unha representación das principais marcas, con todas as novidades sobre a innovación enfocada á agricultura.

Unha vez máis, confírmase a condición de Alimagro como referente agrario do noroeste peninsular.

Máis información e inscricións en https://alimagro.es/gl/

Alimagro jornada tecnica 21