Bande presenta o seu programa de verán “Quere Bande. Cultura e Deporte 2025”

Bande presenta o seu programa de verán “Quere Bande. Cultura e Deporte 2025”

Son actividades culturais, deportivas e gastronómicas

O Concello de Bande pon en marcha un amplo e variado programa de actividades para este verán baixo o lema “Quere Bande. Cultura e Deporte 2025”, co obxectivo de dinamizar a vida cultural e social do municipio, atraer visitantes e ofrecer alternativas de lecer para todas as idades.

As actividades, que se desenvolverán entre o 25 de xullo e o 7 de setembro, abranguen dende música, teatro e cine ao aire libre, ata xornadas gastronómicas, deportivas e científicas, coas escavacións de Aquis Querquennis como epicentro de varias propostas.

Entre os eventos destacados atópanse: 

• Visita nocturna a Aquis Querquennis (25 de xullo) e observación astronómica (1 de agosto). 

• Festival de música e baile tradicional (27 de xullo). 

• Cine de verán baixo as estrelas (2 de agosto). 

• XVII Andaina popular (3 de agosto). 

• Festa da Auga e Festa Holi con inchables (8 de agosto). 

• III Festa Gastronómica “Xuntanzas de Verán” con porco ao espeto e actuación musical (9 de agosto). 

• Xornadas Internacionais de Folclore con grupos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia (12 de agosto). 

• Campus de fútbol para nenos e nenas de 4 a 16 anos (18 a 23 de agosto). 

• Teatro de rúa e musical familiar (13 e 21 de agosto). 

O programa complétase co tradicional mercado do Xurés, un torneo de tenis, e o acto central do 50 aniversario das escavacións de Aquis Querquennis, que terá lugar o 6 de setembro. A participación nalgúns eventos ten prazas limitadas, polo que se recomenda anotarse con antelación. Este programa está organizado polo Concello de Bande, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, e forma parte do seu compromiso por poñer en valor o patrimonio cultural, histórico e natural do municipio.

Cartel veru00e1n 2025