Acondicionamento de viais na aldea de Sandiás cun presuposto de 50.000 €

Acondicionamento de viais na aldea de Sandiás cun presuposto de 50.000 €

Gracias a unha subvención da Deputación de Ourense

Nesta intervención de mellora fruto dunha subvención da Deputación de Ourense cun presuposto de 50.000 Euros, contemplouse a intervención sobre o vial ao carón do grupo escolar Ceip de Sandiás dende a Rúa do Pegal ata a estrada OU-1116; a mellora na Rúa do Pegal dende a Nacional- 525, melloras no camiño da aldea de Arriba dende o Ceip ata a Rúa Regueriño e finalmente melloras na Rúa Regueiriño dende a Nacional-525. A empresa adxudicataria das obras foi Excavaciones P. Prol S.L.

Foto 24 (1)

Nas zonas anteriormente citadas leváronse a cabo apertura de cunetas, limpeza de bordes laterais do vial mediante desbroce, execución dunha capa de macadán de canteira, limpeza do pavimento, reparación total e acheo de zonas puntuais, rexeneración do pavimento mediante un doble riego asfáltico con emulsión y colocación de tapas de registro y rejillas sumidero.

Foto 22 (2)

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do mantemento e renovación de infraestruturas básicas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais.

Foto 19 (2)