Posiblemente hoxe celebrouse a mellor feira do ano
20:16 26/07/25
20:16 26/07/25
A media mañá os postos de pementos e tomates do val de Monterrey pecharon por non ter máis produto
A feira da segunda quincena de xullo, xunto coa primeira de agosto soen ser as máis nutridas de xente, tanto limiás como forasteiros que pasan estes días de vacacións na Limia.
Os saúdos entre visitantes e veciños eran constantes ao longo de toda a feira. Un ano practicamente sen verse, da para moito.
TODO VENDIDO
A media mañá os postos que acude a Xinzo nestas datas dende o val de Monterrey, con produtos de tempada, entre eles os pementos de Oimbra e os tomates quedaron sen existencias tendo que desmontar os seus postos por falta de mercancía
Tamén nas terrazas da praza maior se notaba o cheo total para desfrutar da mañá.