Comezaron as obras de rehabilitación da fonte da praza Maior
Como toda obra o paso do tempo deixa as súas pegadas
Onte comezaron as "obras" de rehabilitación da fonte instalada outra vez na praza Maior. Despois das xeadas sufridas no Nadal e os calores da semana pasada na praza a fonte está a ser "restaurada" con métodos artesanais dignos do monumento.
Pero tratándose de que estamos na vila co ENTROIDO máis longo de Europa e con máis SORNA e imaxinación, non faltaron os que o día antes do comezo quixeron por en valor a retranca preparando unha "maquina escavadora" para o comezo.
Onte a tarde un coñecido e afamado profesional artesán púxose mans a obra, cos instrumentos precisos que require a restauración, e por suposto coa supervisión de outro reputado veciño dirixindo e observando os traballos.
Parece ser que hoxe continuarán as obras e estará rematada nesta mesma semana.
Perdoen os lectores esta "ironía veraniega", pero preguntámonos con esa mesma ironía, que pensará un turista que chegara a Xinzo por primeira vez atraído polas imaxes do Entroido e do Esquecemento, que pensará que ese pobo tan internacional, teña unha fonte de cartón no medio da praza?. Ver para crer.
Reiteramos as disculpas ás persoas que aparecen nas fotos, pero esta noticia so pretende por unha pinga de humor, e por que non de crítica acida, neste verán tan caluroso e estrano.