O Concello de Xinzo convoca o VI Concurso “Xinzo en Flor” para embelecer balcóns e xardíns
Haberá catro premios en forma de bonos para gastar en establecementos locais de Xinzo
O Concello de Xinzo de Limia vén de anunciar unha nova edición do certame “Xinzo en Flor”, que celebra este 2025 a súa sexta convocatoria. O concurso está dirixido á veciñanza que decore os seus balcóns ou xardíns con flores naturais e vivas, premiando a creatividade, o coidado e a integración estética dos espazos no entorno.
Esta iniciativa busca mellorar a calidade paisaxística, fomentar o respecto polo medio ambiente e recoñecer o esforzo das persoas que contribúen a facer de Xinzo un lugar máis fermoso e acolledor.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o luns 18 de agosto, entregando o formulario de participación no Rexistro do Concello ou enviándoo ao correo alcaldia@xinzodelimia.gal.
O certame contará con catro premios en total, divididos nas categorías de:
Balcóns: primeiro premio de 150€ e segundo de 100€ en bonos.
Xardíns: primeiro premio de 200€ e segundo de 150€ en bonos.
Estes bonos serán canxeables en establecementos locais de venda de plantas, co fin de incentivar tamén a economía de proximidade.