Presentación da XVII Andaina 2025, unha cita xa clásica para o sendeirismo galego.
Inscrición en 12 euros ata o 30 de xullo.
Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da XVII Andaina de Bande, un dos eventos deportivos e sociais máis esperados do verán na comarca, que se celebrará o vindeiro domingo 3 de agosto con saída desde a Praza da Constitución de Bande.
O acto contou coa participación da alcaldesa, Sandra Quintas Vázquez, quen destacou “a consolidación desta actividade como unha cita imprescindible para veciños, visitantes e amantes da natureza”, así como a do monitor deportivo do concello, Xurxo Vázquez Álvarez, quen detallou os aspectos técnicos do percorrido.
A Andaina ofrecerá dúas modalidades adaptadas a diferentes niveis: un percorrido longo de aproximadamente 20 km e outro curto de 14 km, ambos con saída ás 09:00 horas e incluíndo avituallamentos, aperitivos e agasallos para todos os participantes.
O evento, cun límite máximo de 250 persoas inscritas, mantén o prezo de inscrición en 12 euros ata o 30 de xullo. As inscricións poden realizarse a través da app Saudeter Live ou de forma presencial no pavillón de deportes de Bande, os martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas.
A XVII Andaina de Bande está organizada polo Concello de Bande en colaboración con entidades locais, e busca fomentar o deporte ao aire libre, a vida saudable e a posta en valor do patrimonio natural da zona.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 650 95 97 84.