Conta atrás para o Festival de Bandas de Gaitas " Vila de Xinzo"
Esta VII edición conta con novidades tanto musicais como organizativas.
A menos de 3 días para que de comezo o VII Festival de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo", falamos co director da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia, Xoán Losada, para que nos detalle o programa, nos conte as novidades e como ve o futuro do Festival.
Este ano decidiron organizalo dun xeito diferente, crearon unha comisión, composta por: Fernando Dopico, Miguel Estevez, Antía Lama, Alexandre Alonso, Xoán Losada, Conchi Perez e Lara Sotelo
De esquerda a dereita: Miguel Estevez, Antía Lama, Xoán Losada, Conchi Perez e Lara Sotelo
Coa finalizade de crear un grupo de traballo onde repartirse as funcións, compartir ideas e optimizar resultados, para crear un festival bonito e interesante. Inda que este ano o tempo apremioulles, dada a apertada axenda da banda, pero aínda así todo foi adiante.
Outros anos o festival coincida coas festas de Santa Mariña, pero este ano o concelleiro de festexos, Ricardo Sieiro, decidiu que non fose así, de mutuo acordo coa Escola, para que non se solaparan os actos e que o festival seguira mantendo o protagonismo que lle corresponde. Entón decidiuse que a partir deste ano, se celebre o Festival o primeiro fin de semana de agosto.
Inda que esta data dificulte un pouco que veñan bandas de fora, xa que hai diversos concursos e actuacións cerradas, dende a comisión vanse esforzar en que isto non repercuta na variedade do festival.
Este ano a diferencia de outras edicións o presuposto non os limitou, xa que traballaron a reo para conseguir financiamento, grazas a colaboración de empresas e particulares da Limia, a venta de rifas, e demais recursos, sempre contando coa colaboración do Concello de Xinzo. A organización recae sobre a Escola e a Asociación Aturuxos de Antela,
Aturuxos de Antela é unha asociación ligada a Banda e a Escola, creada en 2023, e na cal todo aquel que queira pode facerse socio, por unha cota anual de 20€, que sendo pouca cantidade resúltalles de moita axuda para este e outros eventos.
Outra novidade e a actuación musical do sábado a noite, porque como di Xoan: "Despois de bandas de gaitas o venres, bandas de gaitas o sábado, vai haber bandas de gaitas o domingo, hai xente que non lle gustan as gaitas, é respectable, entón vamos poñer un grupo de rock a noite, para a xente que non lle gusten as gaitas."
Inda que nun principio baralláronse outros tipos de grupo musicais, este ano comezan polo rock, o ano que ven haberá que esperar a ver cal é a elección.
Programa:
Venres 1 de agosto (percorreran as rúas da vila)
As 20:30 h a Banda de Gaitas Nova Era (Verín)
As 21:30 h o Coro Aimil
As 23:15 h a Banda de Gaitas Airiños de Fene (A Coruña)
Sábado 2 de agosto
As 12:00 h Picafoles ( A Valenzá)
As 13:00 h Grupo de Bombos e Gaitas S.Tiago Maior de Poiares (Portugal)
As 19:00 h Acto institucional de benvida ás bandas de gaitas, no Museo Galego do Entroido, onde se lles dará un pequeno agasallo a parte de mostrarlle a exposición permanente e a exposición de Cornamusas Primitivas.
As 20:00 h o Desfile de Bandas de Gaitas (percorreran a rúa 2 de Maio e a Avd. de Madrid, ata chegar a praza Carlos Casares)
As 20:30 h dará comezo o Festival de Bandas de Gaitas ( presentado por Marcos Argibay e antes da última actuación celebrarase o sorteo das rifas vendidas)
1. Banda de Gaitas de Xinzo de Limia B
2. Banda de Gaitas Airiños de Fene
3. Real Banda de Gaitas Deputación de Ourense
4. Grupo de Bombos e Gaitas S. Tiago Maior de Poiares
5. Banda de Gaitas de Xinzo de Limia
As 23:45 h o concerto de En Mala Hora, na praza Maior.
Domingo 3 de agosto
As 13:00 h o Grupo de Bombos e Gaitas S.Tiago Maior de Poiares (Portugal)
As 13.30 h a Banda de Gaitas Airiños de Fene (A Coruña)