Sen ti, non somos tren. Somos vía morta

Sen ti, non somos tren. Somos vía morta

Chegou o momento de mobilizarnos por uns servizos ferroviarios públicos, dignos e pensados para as persoas

Este 2 de agosto non é unha cita calquera.


É o día no que a historia nos mirará á cara e nos preguntará:

Onde estabas cando nos estaban arrebatando os nosos dereitos a un tren útil?

Porque isto non vai só dun tren. Vai de oportunidades, de saúde, de dignidade, de que non nos borren do mapa. A Gudiña, coma tantas outras vilas, non é só unha estación: é a porta de entrada para a vida, a sanidade, os estudos, o traballo, é o camiño que une a quen quere quedar, a quen quere volver, a quen resiste con dignidade no sueste de Ourense.

2 de agosto, ás 18:30, na estación de A Gudiña.

Se ti tamén cres que calar é ser cómplice, vén.

Porque o rural xa esperta. E esperta con forza.

Agardámoste. Porque sen ti, non somos tren. Somos vía morta.

Por un tren que vertebre o territorio

Chegou o momento de mobilizarnos por uns servizos ferroviarios públicos, dignos e pensados para as persoas. Reclamamos un modelo de transporte que conecte as vilas, impulse o desenvolvemento do rural e respecte o noso territorio.

Esta mobilización busca defender o dereito a un tren que:

  • Conecte a xente
  • Vertebre o territorio
  • Ofreza un servizo accesible e de calidade

Transporte desde os concellos. Débese avisar antes no concello (en persoa ou chamando)

Trasmiras 988445000

Xinzo 988 55 01 11 

518406157 122119622018900384 4690780932078222815 n