Novas aventuras na 2ª entrega do mes de xullo no campamento Concilia 2025 en Sandiás.
Conciliación familiar, vida saudable e aprendizaxe dun lecer activo
O Concello de Sandiás iniciou a finais de Xuño unha nova edición do campamento “Concilia 2025” para este verán. Todas estas as actividades serán desenvolvidas dende o 24 de Xuño ata o 5 de Setembro en horario de 9.00 h- 14.00 h. A sede é o Polideportivo Campo S. Nicolás e o Ceip de Sandiás. A sede é o Polideportivo Campo S. Nicolás e o Ceip de Sandiás. Dende as 8.00 poden deixarse os nenos e as nenas e recóllense as 14.30 h.
En concreto, na segunda entrega do mes de Xullo algunhas das actividades que se levaron a cabo son: xogos para grandes e pequenos, torneo de bádminton e fútbol, lata de sardiñas, celebración de aniversarios, xogo do agasallo (paraca), torneo de cores (pos Holi), taller de bombas de auga, director de orquestra, limbo musical, pano con globo de auga, Cata Pun chin pun con vaso de auga, lobo e ovella, agocho en parejas, animais saltarines, avoíña, avoíña; adiviña o debuxo táctil, pano luva; figuras con ollos vendados, bingo, cesta de froitas, teléfono estragado, pasa a pelota, película de cinema con Wonka, renovación de libros de lectura no servizo da Furgoteca e outras moitas dinámicas que enriquecen o tempo de lecer, favorece a adquisición de aprendizaxes e habilidades así como a empatía e comunicación.
Trátase dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante dous meses de verán que ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A organización das actividades cada día da semana veñen ao redor dunha riqueza moi ampla de eixes temáticos: actividades de acollida, xogos de distensión, coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares, karaoke, xogos cooperativos, música e baile e actividades de despedida.
Atelier Social pon a disposición persoal coa formación requerida na convocatoria e para o correcto desenvolvemento das actividades así como materiais didácticos e equipamento necesario. O campamento púxose en marcha cun equipo pertencente a entidade que xestiona proxectos sociais, Atelier Social.