3750 € roubados en gasoil a camións de Xinzo e Verín por un veciño de Monterrei

3750 € roubados en gasoil a camións de Xinzo e Verín por un veciño de Monterrei

5 dos camións estaban estacionados en Xinzo e 2 en Verín

O Equipo Roca da Garda Civil de Celanova en colaboración coa Policía Local de Xinzo de Limia, no marco da Operación FEUL OU, detivo a un veciño de 49 años de idade de Monterrei como presunto autor de 7 delitos de roubo de gasoil tipo A en camions que estaban estacionados (5 en Xinzo de Limia e 2 en Verín).

Tamén se lle tomou declaración a unha veciña de Cenlle, de 52 anos, en calidade de investigada e como presunta autora dun delito de roubo de gasoil. Os feitos ocorreron durante o pasado mes xuño.

Sustraíronse 3750 litros de gasoil e provocaron danos valorados en 7000 euros.

O detido foi posto a disposición xudicial, no Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.