Unha noite na Torre do Castro co grupo folk Abril
Tradición e modernidade con sons de raíz e folk conteporáneo, o sábado 9 de agosto ás 21:00 h.
Este ano temos o gran privilexio de ter en concerto nun lugar incomparable ao carón da Torre Medieval do Castro (Concello de Sandiás) o espectáculo musical de Claudia Abril e Mariana Carpente do grupo vigués Abril no concerto de músicas galegas e ibéricas, onde se mestura tradición e modernidade con sons de raíz e folk contemporáneo.
Entrada gratuita.
Cando terá lugar? O Sábado, 9 de Agosto ás 21:00 horas.
Onde terá lugar? Ao carón da Torre do Castro no Concello de Sandiás.
Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran o grupo Abril que é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. Abril é tradición renovada; un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.
Claudia Abril é cantante, percusionista, violinista e arranxista. Estudia violín folk, canto e pandeireta na E-Trad de Vigo, e fórmase con Paco Charlín no Seminario Permanente de Jazz en Pontevedra. Claudia é cofundadora e vocalista do cuarteto DADGA. Colabora como cantante con Alfonso Franco en xiras internacionais. No 2019 é convidad por Alasdair Fraser como profesora de canto no fiddle camp na isla de Skye, Escocia. Actualmente participa como voz solista na ‘Galicia Fiddle Orquestra’ e do grupo folk Abril.
Marina Carpente é intérprete, arranxista e violinista de formación clásica, e amplía a súa carreira a músicas tradicionais e músicas modernas. Estuda violín folk na E-Trad de Vigo con Alfonso Franco. Recibe aulas e masterclass de fiddlers de renombre do panorama peninsular e internacional coma Begoña Riobó, Hanneke Cassel, Casey Driessen ou Katie McNelly. Cofundadora do cuarteto DADGA.
Actualmente forma parte da ‘Orquestra Folk de GaliciaSonDeSeu’, da ‘Galicia Fiddle Orquestra’, e do grupo folk Abril.