​Xinzo asfaltou a rúa Río Arnoia e avanza na creación dun aparcadoiro público de 98 prazas

​Xinzo asfaltou a rúa Río Arnoia e avanza na creación dun aparcadoiro público de 98 prazas

O Concello de Xinzo de Limia continúa o seu compromiso con unha mobilidade urbana máis sostible dentro do plan Xinzo Paso a Paso

O Concello de Xinzo de Limia continúa o seu compromiso con unha mobilidade urbana máis sostible dentro do plan Xinzo Paso a Paso, co que se pretende transformar o espazo público e mellorar a seguridade viaria.

A pasada semana concluíron os traballos de asfaltado da rúa Río Arnoia, no tramo que conecta as rúas Río Sil e Río Miño. Agora só restan por executar as tarefas de pintado da sinalización horizontal e a instalación dun paso de peóns sobreelevado, que reforzarán a visibilidade e a seguridade dos viandantes.

A actuación na rúa Río Arnoia ascendeu a un total de 59.998,49 €, financiados mediante unha subvención nominativa da Deputación de Ourense.

Paralelamente, está a piques de comezar a construción dun novo aparcadoiro público e gratuíto de 2.700 m², que contará con 98 prazas para vehículos e 6 para motos nas rúas Río Sil, Río Arnoia e Río Arenteiro. O investimento previsto é de 48.141,62 €, financiados integramente con fondos propios municipais.

Segundo explicou o concelleiro de Obras e Mobilidade, Ramón Gómez, “esta medida supón unha aposta clara por unha vila máis funcional, cómoda e orientada á persoas. Non se trata só de mellorar a vía ou crear máis prazas de aparcamento, senón de facelo onde realmente se necesita, en zonas que acollen actividade comercial, sanitaria e administrativa, sempre con criterios de mobilidade sustentable”.

O plan Xinzo Paso a Paso xusta estas actuacións nunha estratexia municipal para axilizar o tránsito, reducir vehículos no espazo público e recuperar zonas para o uso peonil, especialmente en barrios como o Polígono onde a densidade e os servizos son máis intensos.

Unnamed (2)