A Serra do Larouco foi o epicentro español do parapente de precisión
- 29 participantes de 5 paises competiron para ser o campión
- O deportista máis novo tiña 15 anos e quedou 2º o ano pasado, e o máis maior 66 anos.
Esta fin de semana celebrouse o Campionato de Precisión España e de Galicia Serra do Larouco 2025 de Parapente na serra do Larouco. O sur na Xironda (concello de Cualedro) e ao norte en Baltar.
Organizado polo club de parapente VooLarouco, xunto cos concellos de Baltar, Cualedro e Xinzo e coa colaboración da Real Federación Aeronáutica Española, Federación Aeronaútica Galega e a Xunta de Galicia. Tres días intensos de competición onde 29 deportistas, dos cales 5 eran mulleres, de todalas idades, dende 15 anos ata 66 anos deron o mellor de si para chegar ao gol.
Tres días moi intensos, onde as condición climáticas foron favorables e onde disputaronse un total de 10 mangas
Pilotos de máis de 5 países, Alemaña, Portugal, Arabia Saudi, Bulgaria e España.
Pódium Español:
1º Víctor Rodríguez Santamarta
2º David Contreras Lázaro
3º Víctor Aguilera Lozano
Pódium Galego:
1º Diego Pimentel Villar
2º Juan Carlos Álvarez
3º Jaime Fonte Vázquez
Pódium Open (internacional):
1º Víctor Rodríguez Santamarta (España)
2º David Contreras Lázaro (España)
3º Víctor Aguilera Lozano (España)
Pódium Open feminino (internacional):
1º Matin Afzalnia (Alemaña-Irán)
2º Azahara Velasco (España)
3º Nehal Alhilal (Arabia Saudí)
O parapente de precisión é unha modalidade deportiva avalada pola Real Federación de Aeronáutica Española, que consiste en realizar un recorrido curto lanzándose dende un punto alto ata aterrar nunha pequena diana. O piloto que toque co primeiro pé de apoio no punto mais preto ao centro desta diana, será o ganador. Normalmente realízanse varias rondas ou mangas, nas que súmanse puntos; estes corresponden aos centímetros aos que queda o piloto do centro. O obxectivo é acumular a cifra máis baixa posible.
Ademais do campionato, tamén se levou a cabo as prácticas do curso de xuíces, onde 6 deles finalizaron o curso. Os xuíces principais da proba foron: Virginia Gabriela Neagoe, directora da competición, Miguel González Cuesta, xuiz xefe e Ana Belén Lozano Aguilar, xuíz de evento. Un total de 9 xuíces traballando para que todo saíra segundo as normas.