​O Concello de Xinzo organiza un campamento dixital gratuíto para a mocidade entre o 11 e o 14 de agosto

​O Concello de Xinzo organiza un campamento dixital gratuíto para a mocidade entre o 11 e o 14 de agosto

A actividade está dirixida a nenas e nenos nados entre 2011 e 2016 e é de balde.

O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración con Cibervoluntarios, impulsa un campamento dixital gratuíto para rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos, que se celebrará do 11 ao 14 de agosto. A actividade está dirixida a nenas e nenos nados entre 2011 e 2016.

A actividade é totalmente gratuíta e responde ao compromiso do Concello por dotar á mocidade das ferramentas necesarias para enfrontar os retos do mundo dixital actual. Inscricións na Casa da Cultura.