Obradoiro práctico de pilates e ioga terapéutico do Programa Rosalía en Sandías

Obradoiro práctico de pilates e ioga terapéutico do Programa Rosalía en Sandías

Por un modo de vivir máis equilibrado e saludable.

Grazas ás 16 persoas que participaron o luns 4 de Agosto na sesión do obradoiro de Pilates e Ioga Terapéutico do programa Rosalía no Concello de Sandiás.

A sesión práctica xirou en torno a realización de exercicios prácticos para a terapia e traballo dos músculos do corpo humano. A animadora, Carmen insistiu na importancia da postura do corpo, a respiración e o equilibrio.

1000069580

O benestar e a saúde son elementos esenciais para crear sociedades felices. E nisto ten parte que ver a práctica de pilates e o ioga terapéutico. Ditas prácticas teñen como obxectivo fortalecer o corpo e a mente desde a parte máis profunda á máis superficial, aumentando e unindo o dinamismo e a forza muscular co control mental, a relaxación e a respiración. É unha disciplina que combina técnicas de ximnasia, ballet e ioga. Pode ser practicada por persoas de diferentes idades e proporciona melloras físicas, mentais e espirituais contribuíndo a unha vida máis equilibrada e saudable.

1000069578

O Programa Rosalia desenvólvese nos concellos de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía, Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio. Para todas as mulleres da Comarca da Limia!

1000069579