A Igrexa Vella de Santa Mariña acolle o concerto “Emocións Sonoras” este domingo 10 de agosto
Volta a Xove Orquestra Ourensanía a Xinzo, o domingo 10 de agosto as 20:30h na Igrexa Vella
O ciclo “Emocións Sonoras. Música e patrimonio á luz das candeas”, promovido pola Deputación de Ourense, chega este domingo 10 de agosto a Xinzo de Limia, cun concerto da Xove Orquestra Ourensanía que terá lugar ás 20:30 h na Igrexa Vella de Santa Mariña.
O evento forma parte dun percorrido musical por espazos patrimoniais emblemáticos da provincia, cunha posta en escena intimista e envolvente grazas á iluminación con candeas. Tras pasar por Ribadavia e O Carballiño, Xinzo pecha esta edición 2025 do ciclo cunha proposta que mestura emocionalidade, patrimonio e música en directo, cun repertorio adaptado para a ocasión.
A entrada é libre ata completar aforo. O Concello de Xinzo anima á veciñanza a asistir e gozar desta experiencia cultural única.