A Policia Local esta a busqueda dos culpables do "Marrón"

A Policia Local esta a busqueda dos culpables do "Marrón"

O reto viral leva ocasionado moitos problemas ao longo do territorio español, o culpable ou os culpables poden enfrentar consecuencias legais.

A Policía Local abriu unha investigación para esclarecer quen o quenes foron os culpables do peche temporal do vaso grande, peche provocado polo reto viral de defecar na auga, o chamado "Reto Marrón".

Dita investigación rastreara as redes sociais e falara con persoas que se atopaban no lugar nas horas nas que se puido levar a cabo dito feito. Xa que se considerar un delito contra a saúde pública, o que pode carrexar graves consecuencias legais para o ou os responsables.

Mentres a concelleira, Cristina Campero, estivo traballando a reo para conseguir que un laboratorio, dos 5 cos que contactou, lle deran os resultados das novas mostras para este luns, xa que o resto demorábanse mais e provocarían que o vaso grande das piscinas municipais estivera pechado ate o 18 de agosto.

Nas mostras buscase detectar que non haxa restos das bacterias Estreptococcus e E.Coli, para evitar calquer risco para a saude pública. 

O coñecido como "Reto Marrón", xa leva ocasionando danos en mais de 300 piscinas do territorio español, un reto que o único que busca é que o protagonista ou protagonistas gañen "visibilidade" a conta de fastidiar aos demais, xa que atopamonos en plena ola de calor que se prolongara mais aló da semana que ven.