​A Deputación apoia a II Feira da Saúde e o Benestar Familiar (Expofamilia)

​A Deputación apoia a II Feira da Saúde e o Benestar Familiar (Expofamilia)

Unha “oportunidade” de servizos lúdicos, educativos, comerciais e sociais, que buscan a promoción do benestar familiar e dos hábitos saudables.

A Deputación de Ourense apoiará a II Feira da Saúde e o Benestar Familiar (ExpoFamilia), un evento aberto a toda a cidadanía e enfocado no fomento de hábitos saudables, benestar emocional, físico e social, que se celebra os próximos 13 e 14 de setembro en Expourense

O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse cos organizadores desta actividade que o ano pasado se iniciou en Xinzo de Limia. Menor cualificou de “salto de calidade” a expansión desta programación para toda a familia.

No marco dos encontros de traballo que o presidente provincial mantén con representantes de entidades e colectivos da provincia, recibiu no Pazo Provincial a Manuel Antonio Fernández e Tania Cardenal, organizadores de ExpoFamilia.

Menor comprometeu o apoio da Deputación en aspectos como a organización e a difusión do evento. “É unha gran oportunidade que dá apoio total ás familias, con información e servizos de ámbitos lúdicos,educativos, comerciais ou sociais”, valorou Menor.

Foto reuniu00f3n organizadores Expofamilia 2025 (1)