"É X VIR" Congreso sobre o despoboamento no Concilia rural
17:42 08/08/25
17:42 08/08/25
Construíndo un territorio no que as crianzas vivan unha cidadanía autónoma vinculada e participativa
“É QUE MORREU MÁIS XENTE DA QUE NACEU” (Uxía, 7 anos)
Así analiza, con rabia, Uxía o despoboamento rural. Con só 7 anos xa viu morrer máis xente da que naceu tanto en Faramontaos coma en Lodoselo de onde son o pai e a nai e en Trasmiras, onde vive. Tamén é capaz de ver que os pobos onde no se fai festa son pobos con menos vida e menos futuro ca onde se fai.
Esta semana preguntámolle ós nenos e nenas do campamento como ven as aldeas. A mirada, posiblemente máis valente ca inocente, é moito máis valiosa do que que a sociedade actual a aproveita. Aquí medramos co dito de “o traballo dun neno é pouco pero quen non o aproveita é un louco”. Con esta máxima démoslle a palabra a quen ten máis por dicir.
Esta semana preguntámolle ós nenos e nenas do campamento como ven as aldeas. A mirada, posiblemente máis valente ca inocente, é moito máis valiosa do que que a sociedade actual a aproveita. Aquí medramos co dito de “o traballo dun neno é pouco pero quen non o aproveita é un louco”. Con esta máxima démoslle a palabra a quen ten máis por dicir.
Dun xeito inconsciente xurdiu unha dualidade na solución do problema. Seguramente na cidade non crean que á rapazada rural lles saia inconscientemente falar dunha esfera entre o público e o privado, o comunitario. Contáronnos que a Administración debe facer que os pobos sexan atractivos e iso só se consegue se temos, como mínimo, os mesmos servizos que na cidade. Tamén saben que a vida dos pobos é algo máis que unha suma de casas e cren que aí tamén hai marxe de mellora porque uns camiños mimados, unhas casas curiosas e un monte coidado é ben para todos e todas, para quen está e para quen poida vir.
E senón, facerlle caso ó Iago de Abavides que dixo “hai que reproducirse máis e listo”
O programa de sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no medio rural, impulsado por COCEDER, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF. Ademais, o programa de vivenda rural, proxectos piloto para a súa liberación e rehabilitación, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible de España.