XV Edición da Festa Popular de Baltar.
Preto de 600 persoas gozarán dunha tarde chea de xogos populares, irmandade e cultura
Maña sábado, 9 de agosto, a partir das 16:00 h celebrase a XV edición da Festa Popular de Baltar, unha festa popular na que se intenta volver as costumes, a relación transfronteriza e a volta a vida sa, tratando de loitar contra o consumo de alcohol. Ao remate da celebración aquel participante que de 0,0 no resultado da proba de alcoholemia levara un agasallo, como xa é costume.
Tamén haberá música, dun e do outro lado da fronteira, da man de: as Concertina Portuguesas, As Xeitosiñas e da Escola de música do Concello de Baltar.
Entre os xogos populares, máis de 20, destacando a exposición do Concurso Medioambiental, concurso no que os nenos e nenas dos campamentos e colexios fixeron uns traballos para concienciar e previr os incendios, a loita contra o lume e a conservación do noso medioambiente.
O único que haberá que lamentar, nesta festa chea de diversión e valor cultural, é que o río apenas leva auga, polo que os xogos que se facían no río haberá que facelos nunha zona habitada ao carón do río.
Na celebración tamén estarán os "compañeiros" da Cámara de Montealegre, facendo visible ese hermanamento polo que levan loitando anos. En palabras do alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo Alonso: " Somos unha mesma xente que estivo dividida por unha fronteira sen razón durante un tempo, e agora queremos que o intercambio sexa o máximo posible".
Os xogos serán: a brisca, o tute, o xogo da rá, o futbolín, vintos, carreiras de sacos, ping pong, xogo da porca, o xadrez, as damas, tiro da corda... e moitos mais para que cativos e non tan cativos pasan unha tarde memorable de diversión e unión.
Dende o concello infórmannos que xa van preto de 600 persoas anotadas para a merenda e o espazo é reducido polo que lamentan que probablemente teñan que pechar o aforo pronto.
E como non podía ser doutro xeito, tamén haberá unha exhibición de parapente e paramotor, que mellor lugar que a serra do Larouco para esta ocasión.
Quedades todos convidados!!!!