Baltar celebrou a festa do Caneiro, pero sin auga no río
Este feito non desluciu para nada a celebración
O calor da tarde do sábado fixo que a xente fose chegando un pouco mais tarde ao Caneiro, onde se celebrou a XV festa popular de Baltar, que o alcalde Jose A.(Coisa), xa anunciou que pretendía cambiar de nome e imaxe despois do éxito acadado pola festa nos seus primeiros quince anos.
SOLO FALTO O PASO DE PAU PO RIBA DO RÍO
Equipo de colaboradores
A única actividade que non se celebrou, loxicamente polo rio foi o cruce do pau, que sempre daba unhas bonitas imaxes coas caídas na auga. Si se fixo a proba, pero esta vez en secano.
Do resto non faltou nada, tute, pinpong, futbolín carreira de sacos e unha das probas que ano a ano está contando con mais participantes, cal é a dos vintos.
A música estivo da man da banda de gaitas e das xeitosiñas de Baltar asi como as concertinas do veciño pais.
Tamén houbo unha pequena exhibición de parapente e por primeira vez apareceu entre o público xuvenil un prestidixitador de cartas que fixo as delicias dos asistentes.
Pte. Inorde, Delegado da Xunta e o alcalde visitando o stand do INORDE
A última hora e contando coa presenza do delegado da Xunta e o presidente do Inorde, así como alcaldes da zona, foron repartidas as medallas aos campións das diferentes probas para pasar logo a carpa e degustar 600 racións de porco ao espeto acompañadas de empanada, viño e licor.
A festa rematou con música e probas de alcohol, na que os que deron 00 recibiron premio.
GALERÍA DE IMAXES