Parón no Centro de Saúde de Xinzo pola temperatura
O persoal do Centro de Saúde xa non aguanta máis as temperaturas de máis de 30 grados nos despachos e consultas
Ás 14 horas de hoxe mércores o persoal, tanto facultativo como administrativo fixeron un parón, para poñer en coñecemento da opinión pública a situación abafante que están a soportar día tras día no seu traballo. Esta situación de estar a máis de 30º non solo afecta ao seu traballo, se non tamén aos pacientes que a teñen que soportar, chegando incluso a producirse desmaios en pacientes.
DENEGARÁNSELLE VENTILADORES
A administración xa lles denegou a petición, que como situación paliativa, ventiladores. Loxicamente solicitan tamén que se instale un aire acondicionado en condicións.
Isabel Díaz, fisioterapeuta que actuou en nome de todos os compañeiros e compañeiras manifestou que esta situación é inaguantable.
Foto da temperatura ambiental da consulta de pediatría.