Resposta da Xerencia da Área Sanitaria a protesta do Centro de Saúde de Xinzo

Resposta da Xerencia da Área Sanitaria a protesta do Centro de Saúde de Xinzo

O centro de saúde de Xinzo está incluido dentro do Plan de Climatización da Conselleria de Sanidade para dotar aos centros sanitarios de equipos e infraestructuras axeitadas  priorizando a actuación naqueles que alcanzan temperaturas máis altas.

A Xerencia da área sanitaria é consciente da situación de incomodidade que se está a producir entre os usuarios e traballadores do Centro de saúde e o PAC de Xinzo debido ás altas temperaturas ocasionadas pola vaga de calor que estamos a sufrir nos últimos días.

A estrutura das instalacións actuais non permiten polo momento acometer un plan de reforma integral e cómpre lembrar que no caso do centro de saúde de Xinzo está incluido dentro do Plan de Climatización da Conselleria de Sanidade para dotar aos centros sanitarios de equipos e infraestructuras axeitadas  priorizando a actuación naqueles que alcanzan temperaturas máis altas.

Hai que ter en conta que as instalacións eléctricas existentes nalgún centro de saúde da provincia non permiten a disposición de dispositivos de refrixeración porque non soportarían esa carga e polo tanto suporían un risco para o funcionamento do centro.

No que atinxe á climatización dos centros sanitarios da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras cómpre remarcar que a maior parte dos seus espazos hospitalarios están climatizados, agás en zonas moi puntuais.

Ademais, os centros de saúde de nova construción contan con sistemas de climatización eficientes, o que demostra o compromiso progresivo da Xunta coa mellora das condicións estruturais.