Cheo total en Xinzo
A mellor feira do ano, posiblemente se converta na mellor feira dos últimos 15 anos
Xente, xente, xente, era o que se vía hoxe en Xinzo por todas as rúas por onde se pretendía camiñar.
POLBO A CASE 40º
Chegado o mediodía as pulpeiras xa non daban abasto as peticións, as colas tanto na rúa S.Roque como nos posto da feira eran moi longas.
Tamén puidemos comprobar os comedores dos postos da feira ateigados de xente comendo polbo e churrasco a case 40º, "e tan ricamente".
Non era menos nas cafeterias das distintas prazas de Xinzo, e como soe ocorrer nestes casos os atascos nas principais rúas da vila eran de moitos minutos.
Mesmamente un membro da policía local, que lle tocou tamén o atasco comentaba ao noso paso, "pero de onde saiu tanta xente"
Da gusto ver a vila desta maneira aínda que sexa a 35º ao medidía.