Foto Denuncia

Foto Denuncia

Os veciños denuncian a situación na que se atopa unha finca fronte ao grupo escolar

Dendealimia faise eco dunha denuncia dos veciños, pola situación na que se atopa o solar que se encontra na rúa Rosalía de Castro nº17, fronte ao grupo escolar.

Como vemos na imaxe o solar atopase sen desbrozar, os veciños puxéronse en contacto co concello para que lle poñan solución a este problema, ante a desatención dos donos da finca.

Imagen de WhatsApp 2025 08 14 a las 14.01.25 1ff5a29c

O concello esta levando a cabo os procedementos a seguir, cal son eses procedementos? Ao tratarse dunha propiedade privada, dende o concello notifican aos propietarios a orde de desbroce. Unha vez notificada teñen que esperar 15 días nos que os propietarios deben facer algo, en caso de que non sexa así, o propio concello levará a cabo a limpeza e posteriormente pasaralle a factura.

Este medio falou co alcalde para coñecer como se encontraba a situación, o rexedor infórmanos que o proceso xa se iniciou, pero están a espera de que se cumpran os prazos.