Noite longa para Gudín. O primeiro pobo de Xinzo en risco polo lume.

Noite longa para Gudín. O primeiro pobo de Xinzo en risco polo lume.

Dende as 18:00 h desta tarde os veciños e veciñas de Gudín atopanse a espera.

O incendio que comezou fai 4 días no Concello de Oimbra foise extendendo e devastando todo o seu paso, ata chegar agora mesmo ao alto do monte de Gudín. Unha zona de difícil acceso que dificulta a intervención dos medios, agas dos aéreos, que estiveron toda a tarde intentando controlalo. Pero unha vez rematadas as horas de luz, a marcha do medios aéreos e o cambio de vento o lume volveu e dirixese cara a Serra do Larouco.

1000070774

1000070777

1000070780

Os veciños e veciñas de Gudín levan preparados dende o primeiro momento. Ata alí desprazouse e ainda sigue, o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, para ver cal é a situación e que se pode facer. Ante a escasez de efectivos, o alcalde, puxose en contacto cos concellos de Baltar e Rairiz de Veiga para que lles facilitarán axuda, cunhas pick up's para poder acceder mellor a zona.

1000070812

1000070804

1000070795

1000070789

Tendo en conta que o depósito da auga se atopa no alto e pode estar ardendo cerca dalgunha das captacións e está exposto as cinzas e demais desperdicios provocados polos incendios, dende Viaqua e dende o concello recomendan evitar o consumo e limitar o uso desta auga.

1000070792