Nace “A Abelliña Azul”, a primeira escoliña apícola de Ourense.
Pensada para nenas e nenos de educación infantil, primaria e secundaria.
Ourense conta cun novo espazo educativo único: A Abelliña Azul, a primeira escoliña apícola da provincia, pensada para nenas e nenos de educación infantil, primaria e secundaria.
A iniciativa, promovida polo proxecto “O Mel da Inés”, da man da Asociación Apícola Abellas Nais, desenvolverase no Concello de Vilar de Santos, un entorno privilexiado para descubrir e aprender sobre o mundo das abellas e a apicultura.
Durante as sesións, o alumnado vestirá o traxe apícola para rodearse de abellas e vivir unha experiencia directa coas colmeas, ademáis e participar en actividades didácticas sobre:
● A abella, a colmea e os seus elementos
● Ameazas para a apicultura
● Cata e diferenciación de meles
● A sociedade das abellas, a súa organización e o seu papel nos ecosistemas
● Obradoiro de produtos da colmea: Mel, pole, cera, etc
O obxectivo é achegar o fascinante mundo das abellas ás novas xeracións, fomentando a normalización destes animais domésticos, o respecto polo bosque autóctono galego, e sensibilizar sobre as diferentes e inminentes ameazas que teñen as abellas, así como o papel fundamental dos polinizadores para a nosa existancia.
As abellas ademáis tamén nos ensinarán a efectividade dunha sociedade cooperativa e organizada, e o valor do traballo en equipo a favor do ben común.