Arcos. Unha aldea con historia e experiencia comunitaria
“Facer un libro non por morriña ou nostalxia dos tempos pasados sinón para darlle a coñecer os máis novos unha parte de seu que lles pertence” (Adolfo Pérez Nogueiras)
O libro “Arcos. Unha aldea con historia e experiencia comunitaria”, presentouse o sábado 16 de Agosto na xuntanza gastronómica da Asociación Veciñal “Magosto” na carballeira do tío Cesáreo con 150 persoas na aldea de Arcos. Foi presenado por por Pepe Gándara, Angelines Blanco e Adolfo Pérez. Coordinou o libro Pepe Gándara en base a colaboración de 30 veciños que figuran como autores no libro. Posteriormente foi entregado a todos os veciños que o demandaron ou o quixeron adquirir.
Toda vida é encontro, dicía o filósofo Martin Buber. Este foi o leit motiv da primeira idea que tiña a protagonista da iniciativa Angeline Blanco e que finalmente culminou na publicación dun libro. Tratábse de conectar xeracións, de por en práctica unha experiencia interxeracional (pais, fillos, netos, avós…) e rea-vivar as raíces da memoria cultural tradicional da aldea de Arcos pertencente ao Concello de Sandiás.
Coa ilusión de comezar este encontro interxeracional, a idea orixinal era convidar a diversas persoas maiores do pobo de Arcos de perfís distintos para que fosen entrevistados polas xeracións máis novas a través dun encontro persoal e dunha guía pautada con preguntas abertas. Precisamente é na etapa da madurez e da ancianidade onde se poden entregar ás xeracións seguintes o mellor da experiencia da vida.
Por diversas razóns o proxecto non se pudo desenvolver deste xeito, dándolle prevalencia as xuntanzas comunitarias e encontros. Tivemos sí, recollida de moito material escrito e vivencial así como gráfico entregado polos veciños e veciñas e que un grupo de tres persoas lles foi dando forma.
Non é un libro de historia con maiúsculas sinón de “intrahistoria”, da memoria das pequenas cousas da vida diaria. Cantos pequenos retrincos de memoria infantil recuperamos do que falaban os nosos devanceiros cosendo as palabras que formarán parte do discurso do libro?.
Tamén o texto esta cheo de referencias aos “traballos e divertimentos comunitarios” (fiadeiros, malla, seitura, regas…) polo que reivindica superar nas aldeas o individualismo e o “tribalismo” (grupos pechados).
O libro está escrito en galego con toda a intención. Hai que ter en conta que o idioma galego como dicía Elixio Rivas non e só fonética, por debaixo das palabras teze o pensamento e unha rede de relación que axudan a significar. O galego é unha cosmovisión. Por iso o libro tamén está escrito en galego para convidar as novas xeracións a entrar nesa cosmovisión.
“Facer un libro non por morriña ou nostalxia dos tempos pasados sinón para darlle a coñecer os máis novos unha parte de seu que lles pertence” (Adolfo Pérez Nogueiras)
Esperamos que a lectura do libro chegue tamén aos máis novos e a recepción do mesmo na súa mente e no seu corazón faga que se interrogen, plantexen interrogantes, gusten por comezar a pescudar na memoria dos seus devanceiros e tamén na fala do propio idioma.
Neste sentido máis adiante, dando tempo a lectura, pensamos convocar a todos os que queiran, novos e menos novos a un clube de lectura onde compartamos os interrogantes, vivencias, curiosidades que plantexou a lectura do libro.