Comezaron os entrenamentos para o A.B.Xinzo
Están a espera de reunirse co concello para saber con canto apoio contan e así facer pública a cuota para os xogadores e xogadoras
Esta semana comezaron a pretemporada os equipos do A.B.Xinzo, xa que os primeiros partidos disputaranse o fin de semana do 13 e 14 de setembro. Cos partidos dos Junior e dos Cadetes.
Agora mesmo os entrenos estanos a facer no pavillón do IES Cidade de Antioquía, onde queren agradecer publicamente a xunta directiva do centro e a Concellería de Deportes que lles cederá temporalmente as súas canchas. Xa que a UME esta facendo uso do pavillón municipal e a final de mes terá lugar a Feira do Comercio e posteriormente Alimagro.
De momento os que comezaron xa cos adestramentos foron os de canasta grande, o equipo Senior masculino, o Junior masculinos, os dous equipos Cadete feminino e tamén o Cadete masculino. Os rapaces e rapazas de canasta pequena comezaran en setembro.
Como vimos ultimamente nas súas redes, o A.B.Xinzo, están conseguindo colaboradores e tamén están a espera dunha reunión co concello, coa concellería de igualdade e coa concellería de deportes para coñecer cal vai ser o apoio para esta temporada. E poder así facer públicas as cotas que se lle cobraran as familias.
O ano pasado o A.B. Xinzo, foi o clube da provincia con mais licencias femininas, mais de 100, aínda que este ano non haberá equipo Senior feminino, por falta de xogadoras, en cambio conseguiron facer equipo de veteranas feminino.
Pouco a pouco iremos coñecendo aos novos adestradores e as novas incorporacións, dende este periódico desexámoslle moitas vitorias para esta nova tempada.