​O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantiveron hoxe unha reunión técnica

A Xunta traballa na convocatoria das axudas aos propietarios de vivendas afectados polos incendios.

A Xunta traballa na convocatoria das axudas aos propietarios de vivendas afectados polos incendios.

Axustaranse as características das axudas que a Xunta vai convocar de xeito inmimente ás necesidades das persoas afectadas

A Xunta traballa na convocatoria das axudas aos propietarios de vivendas afectadas polos incendios rexistrados nestas semanas.

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; e a directora territorial da Consellería de Vivenda en Ourense, Pilar Fernández, mantiveron hoxe unha reunión técnica para tratar as actuacións para facer fronte ás consecuencias dos lumes en materia de vivenda.

No encontro avaliaron a situación dos inmobles naqueles lugares nos que se produciron lumes e intercambiaron información e coñecementos ao respecto.

A xuntanza permitiu axustar as características das axudas que se van convocar de xeito inmimente ás necesidades das persoas afectadas, tratando así de responder de modo eficiente a esta situación.

 RTB8514