A Casa do Concello de Porqueira acolle o vindeiro martes un curso sobre a produción de pataca baixo a IXP

A Casa do Concello de Porqueira acolle o vindeiro martes un curso sobre a produción de pataca baixo a IXP

Esta é unha iniciativa incluída dentro do proxecto “Ruralmente”, do que forma parte o GDR Limia-Arnoia, e que está financiado con fondos do Feader

A Casa do Concello de Porqueira acolle durante a mañá do vindeiro martes, 26 de agosto, un curso formativo e informativo sobre “A produción de pataca baixo IXP”.

Esta é unha actividade aberta a todas as persoas interesadas e que se enmarca no proxecto “Ruralmente”, do que forma parte o GDR Limia-Arnoia, e que ten como obxectvo o intercambio de coñecementos e a innovación entre as diferentes rexións que participan nel con especial atención ás zonas de Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) e as Denominacións de Orixe Protexidas (DOP).

A xornada comeza ás 10:00 horas coa intervención de Luis Saa Arias, Director Técnico IXP Pataca de Galicia, na que falará sobre a certificación e o control da pataca baixo a IXP. A continuación, José Antonio Chao - Técnico de Promoción da IXP Pataca de Galicia informará sobre a comercialización da mesma.

A segunda parte do curso, centrarase no proceso de produción da pataca. Primeiro intervirá Laura Meno Fariñas, Doutora en Enxeñería Agraria, para expoñer os diferentes avances científicos na xestión sostible de enfermidades da pataca. E a continuación, Servando Álvarez Pousa, Director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, falará sobre a fertilización deste tubérculo.

A iso das 12:30 horas haberá unha mesa redonda na que participarán diferentes produ- tores de pataca IXP de Galicia e a continuación realizarase unha degustación de pratos con pataca da Limia no Bar O Muíño, de Ganade.

A xornada rematará cunha visita á explotación de Julio Montero, en Porqueira, que será a iso das 16:00 horas.

Esta é unha actividade gratuíta coordinada polo GDR Limia-Arnoia e que está aberta a todo o público. Todas aquelas persoas interesadas poden anotarse previamente en- viando un correo electrónico ao enderezo info@limia-arnoia.gal.