Gran susto na piscina municipal de Vilar de Barrio
20:26 25/08/25
20:26 25/08/25
Unha menor foi rescatada inconsciente na piscina, logo de reanimala trasladarona ata o CHUO
Hoxe, ao carón das 17:40 h, na piscina municipal de Vilar de Barrio, un usuario chamou o 112 para pedir axuda.
A menor foi rescatada polo socorrista, ao atopala inconsciente na auga, comezou a realízalle manobras de reanimación mentres chegaba o 061. Ata o lugar tamén se desprazaron a Garda Civil, o GES de Maceda, Protección Civil de Vilar de Barrio e o helicóptero medicalizado do 061.
A manobra de reanimación deu resultado e a cativa foi trasladada consciente ao CHUO.