Comeza o curso político 25/26
Este mércores 27 pleno ordinario a unha hora nada habitual
Este mércores 27, feira en Xinzo, a corporación municipal celebrará un pleno ordinario, despois de varios meses sen actividade, e a unha hora pouco habitual, ás 12 do mediodía.
Un dos temas que levará o consenso de todas as formacións que compoñen a corporación será o de recoñecemento público ao piloto de motociclismo Martín Portela Barreiro.
A partir deste punto e da aprobación definitiva das contas 2024, supoñemos que comezarán as discrepancias entre o grupo de goberno, que recordamos está formado polo PP e os independentes do AXIL e os grupos da oposición PSOE e BNG. Decimos isto porque os seguintes puntos serán de caracter económico, cales son o de suplemento de crédito, Transferencia de crédito e sobre todo o de recoñecemento extraxudicial de facturas, que sempre hai discrepancias entre os gobernantes e a oposición.
Para rematar o pleno será o momento dos rogos e as preguntas de control ao equipo de goberno por parte da oposición.