Niño de velutinas por adentro
15:46 27/08/25
15:46 27/08/25
Acompañamos a Protección Civil de Xinzo na "caza" dun niño de velutinas
Onte a tarde acudimos co equipo especializado de Protección Civil de Xinzo a chamada dun veciño que tiña un "pequeno" niño de velutinas nun dos pendellos da súa horta.
Ataviados cos uniformes e material necesario os membros do grupo de PC baixaron o niño e sen perigo para ninguén dos que alí estábamos, pois as abellas xa estaban mortas puidemos comprobar como é un niño, non moi grande por dentro no que puidemos gravar as larvas das futuras velutinas se preparaban, mentres outras celdas estaban aínda pechadas coas larvas a punto de abrirse.
Agradecemos ao grupo de protección civil que nos autorizaran a poder facer as gravacións.