Benito B.J, veciño de Xinzo,terá que ingresar 4 anos na cadea
Recordar que na tarde do 25 de febreiro Benito A.J. protagonizara unha fuga polas rúas e estradas de Xinzo, atropelando a un policía local.
O Xulgado do Penal de Ourense, no seu día ditou a absolución do veciño de Xinzo, despois de estudar un informe da UCA no que facía constar unha evolución positiva e que xa non consumía sustancias prohibidas.
RECURSO DA FISCALÍA
A fiscalía recorreu a audiencia provincial presentando escrito no que fixo constar que cando foi o atropelo, non se acreditou que o condutor estivese consumindo sustancias, nin durante o procedemento. Así mesmo considera sospeitoso que o acusado tardara un ano en ir aos servizos da UCA. Os xuíces do alto tribunal ourensá, fanlle, neste procedemento, máis caso aos argumentos da fiscalía e revocan a sentenza do Penal, co que Benito, terá que ingresar na cadea, posto que esta última sentenza non é recorrible.