Actividade Cinexética

A Xunta modifica a normativa que regula a actividade cinexética anual en Galicia e retoma o Plan de Xestión do Lobo

Ángeles Vázquez aclara que a caza do lobo en Galicia vai seguir estando prohibida con carácter xeral, pero poderán autorizarse esperas, batidas ou monterías en casos moi concretos de danos recorrentes á gandaría que poñan en risco as explotacións coa debida xustificación e un control rigoroso por parte da Administración.