Preparando o material solidario para o seu envío a Ucraína

José M. Gómez, preparando as últimas caixas
Preparando o material solidario para o seu envío a Ucraína

Estamos sorprendidos polas doazóns a conta solidaria

Protección Civil de Xinzo foi a encargada de levar todo o material donado en Xinzo e que esta tarde xa quedou practicamente “paletizado” para cargar durante o día de mañá.

A RESPOSTA DE DONACIÓNS MILLOR DO QUE SE ESPERABA

José M. Gómez, presidente da Asociación de Empresarios do Polígono, promotores da acción solidaria manifestou esta tarde que están sorprendidos polas doazóns que chegaron a conta.

Un transportista de Zamora, fixo unha doazón de 500 € e outro de Pontevedra 1.000. Tamén as cantidades de entre 10 e 50 € son moitas. Como dixemos, unha vez finalizada a acción humanitaria, faranse as contas e o que sobre, si fose así, será doado a unha asociación de Xinzo.

Estamos esperando para subir os palets que temos aquí, para poder avisar a outras zonas que nos solicitaron sitio no camión, e loxicamente encherémolo ata que non caiba máis.