O Limiao Hector Carballo debuta no Teatro Principal

Ficha-CADAVER
O Limiao Hector Carballo debuta no Teatro Principal

Este venres 20 as 20:30 Hector Carballo, actor limiao estrea no Teatro Principal de Ourense

Acompañado pola actriz Cristina Acúa e dirixido por Xavi Fontana, é a primeira vez que actúa como profesional en Ourense.

Neste caso é unha comedia na que, Olivia pídelle a Lucas, o seu compañeiro do traballo, que veña ao seu apartamento. Lucas chega puntual, crendo que se trata dunha cita que leva tanto tempo esperando. Pero os plans de Olivia son moi distintos: necesítao para evitar que a despidan do traballo. Esqueceu enviar os documentos AZ2 e agora só el pode axudala a mandalos antes de que pechen a aplicación das doce da noite. Até aquí, todos os ingredientes para crear unha comedia de malentendidos e enredos con, posiblemente, desenlace romántico. Salvo polo cadáver que Olivia esconde no armario da entrada e que Lucas esta a piques de descubrir.

Hector Carballo

Cando fai mais dun ano publicábamos Café con…Hector Carballo, Rey de Francia na serie \“Isabel\”, este actor de Trasmiras, facíanos a confesión de que estaba esperando a ocasión de actuar na provincia, na que deu os seus primeiros pasos como actor nos seus anos de estudante. Para recordar a entrevista prema aquí.