Volve Rafael Laso a Xinzo a unha charla sobre a súa novela “O trasmundo de Antioquía
Este venres organizado polo espazo cultural AGORA
Este venres 10 de novembro a partir das 18:00. Dirixirá o coloquio Rosa Trujillo e esta vez estrearase como espazo cultural o salón de reunións da casa reitoral de Santa Mariña.
Recordar que: O trasmundo de Antioquía, novela de Rafael Laso ambienta nun mítico mundo
oculto baixo as augas da lagoa de Antela. Valéndose dunha íntima conxunción
entre realidade e ficción, entre o histórico e o fabulado, Rafael emprega a
narración legada por un avó ao seu neto para conducirnos polo fabuloso
trasmundo da lagoa. Deste modo arranca unha viaxe chea de probas, perigos
sobrenaturais e sobre todo historias, as cales entroncan con aquelas crenzas
populares que sobreviven neste mundo e coa mitoloxía artúrica.
Unha obra chea de imaxinación na que a esperanza e a crenza de que hai un lugar
onde as historias que nos contaban de nenos nunca morren se convir.