Os veciños de Gudín están dispostos a tomar novas medidas
Estivemos esperando ó repartidor o venres pasado, e encima menten, dicindo que viñeron
Na tarde de onte os veciños de Gudín manifestaron verbalmente, reunidos no adro da igrexa a situación que están a vivir por culpa da distribución do gas butano.
O problema, dicía Rosa é que nos necesitamos o gas para máis cousas que para facer a comida, tamén para quentarnos e neste tempo de matanzas para o soplete. A xente ten a dúas e tres bombonas, pero o problema é que non ven. Estivémolo esperando o venres pasado e aínda din que viñeron. Menten!.
Rosa acompañada de moitos dos veciños segue relatando que non saben cal é o problema desta xente. Se non ten persoal que o contraten, aínda que sexa por horas. Mañá venres ao ser festivo xa non veñen co que estaremos unha semana máis sen subministro e teñen que acudir a gasolineira de Cualedro a polas bombonas. Xa están cansos, e si a situación non se normaliza, levarán as súas protestas a outros sitios incluíndo unha reclamación vía avogado dos seus dereitos por contrato.