As reaccións a decisión de Carlos Gómez, non se fixeron esperar

As reaccións a decisión de Carlos Gómez, non se fixeron esperar

Estarei encantado de traballar con el todas as mañás (Amador Díaz)

Estarei encantado de traballar con el todas as mañás (Amador Díaz)

Amador Díaz, fai unhas semanas que xa escoitara ese rumor entre os compañeiros de goberno, pero realmente non cría que por vontade propia o fora facer. Respeto, como non podía ser doutra maneira, a súa decisión. O portavoz do partido e tenente alcalde, non me comunicou persoalmente este tema, aínda que dentro dos pactos que temos co PP, eles son libres de tomar as decisións que queiran dentro das súas competencias. De aí en adiante haberá que consensuar as novas situacións que se poidan dar.


Xa o sabía dende fai uns meses, pero creo que quen tiña que facelo público é Carlos Gómez. (Toni).

Loxicamente non podo dicir outra cousa que esa decisión é moi persoal e como persoa de total confianza, tanto para min, como para o resto do noso grupo, estaremos encantados de que poida ter esa dedicación ao 100% ao concello. Casa que coñece perfectamente, pola súa traxectoria na política municipal, o que redundará nun mellor funcionamento do grupo do PP e por conseguinte,  do grupo de goberno.

Carlos, o único que fixo foi tomar unha decisión antes que a tomaran outros por el. (Elvira Lama)

Moitas veces tomamos decisións persoais porque visualizamos o noso futuro e damos un cambio de rumbo antes que o fagan outros por nos. Creo que dende que sucedeu o problema de asistir ao pleno dende o coche, a situación persoal en Santiago, xa non era a mesma. Polo menos iso é o que nos din os meus compañeiros de partido no Parlamento. Outra cousa diferente vai a ser o encaixe que teñen que facer no concello para a aprobación doutra dedicación exclusiva.

Como comprenderás ao BNG, tráinos sen coidado esa decisión persoal (Camilo Vila)

O protavoz do BNG no concello non entra a valorar de ningunha maneira esa decisión totalmente persoal do compañeiro de corporación Carlos Gómez, co que mantemos di,  unha magnífica relación persoal, aínda que a nivel político esteamos nas antípodas.

Moncho Gómez, non quixo facer ningunha valoración ao respecto.