"O que se garante é un servicio de Pediatría sen Pediatras"
A Plataforma loita pediátrica da Limia fixo estas e outras manifestacións aclarando o seu parecer despois da reunión dos alcaldes co conselleiro
Quédanos claro que "se garante un servizo de pediatría SEN PEDIATRAS, o que é o mesmo que nada. Desta maneira dan a coñecer nun comunicado despois de escoitar o que os alcaldes lle transmitiron da reunión co conselleiro. Aínda que xoguen coas palabras, non nos confunden, continúan dicindo na súa nota.
De nada nos serve ter dúas prazas garantidas, se non están cubertas por especialistas. Tamén aseguran que polas horas adicadas e as rotacións NON dan cobertura de 8 a 15 ningún día da semana.
Tamén no seu comunicado queren aclarar que a plataforma está formada por nais e pais cuxo único obxectivo común é o benestar dos cativos. Non nos unimos con ningún partido político nin distinguimos cores, remamos nunha mesma dirección: conseguir Pediatras, para os nosos fillos.
Dende o principio contamos con todos os alcaldes e alcaldesas da comarca, e pensamos seguir contando co seu apoio nesta loita.
APOIO A MOBILIZACIÓN DO CARBALLIÑO
Os membros da plataforma solicitan o apoio da cidadanía para acudir xunto a plataforma da Limia o próximo domingo 14 a Carballiño, para dar o seu apoio a mobilización que se levará a cabo pola mesma situación que se vive na Limia