As piscinas cubertas será de 28,69 e o individual 22,97 e para os xubilados 19,46 €/mes.

A taxa familiar das piscinas costará este verán 41,52 €

Grupo que apoia ao alcalde
A taxa familiar das piscinas costará este verán 41,52 €

 O equipo de goberno xustifica a subida para poñela a niveis de outras vilas e porque estas son unhas taxas de fai 20 anos.

 O único momento  de fricción e desacordo que houbo no pleno celebrado onte a  mañá foi ao chegar ao punto no que o equipo de goberno propón unha subida das taxas das piscinas, a primeira a exterior para este verán dun 45% con respecto ao que se estivo a aboar o ano pasado.

Camilo Vila foi o primeiro en falar sobre este tema entendendo que as piscinas son un servicio público que non ten por que terunha conta  con resultado positivo ao longo do ano. Os impostos deben servir para terlle ao cidadán, entre outros as piscinas. Puxo por exemplo que a propia reunión do pleno ten un coste para as arcas municipais e ninguén o pon en dúbida.

10Grupo da oposición

Posteriormente tomou a palabra Elvira Lama, portavoz do PSOE para facer un relato de todo o seu mandato, no que as enerxías subiron desmesuradamente e ata no tempo de pandemia, cunha utilización mínima da piscina climatizada, eles, Penabad, concelleiro encargado, se arranxaron para poder manter o servicio, ao igual que o conservatorio.

Foi o alcalde o que tomou a palabra para xustificar que os prezos, comparados con outras vilas da mesma categoría, son aínda inferiores  despois deste incremento,  e que esta medida tiña que ser adoptada.

Nova intervención de Camilo e Elvira para redundar no dito anteriormente. No turno de resposta o alcalde  solicita o voto dos concelleiros e é aquí, cando un membro do seu grupo, “case non da levantado a man” co conseguinte impas, que aínda que foi de décimas de segundos, pareceron eternos. Rematado este punto chegou a quenda dos rogos e preguntas.

Moitos rogos e preguntas, algunha delas por segunda vez.

Collage3

Imaxes de momentos do pleno

Pasouse logo ao capítulo de rogos e preguntas. As correspondentes ao BNG foron feitas polo seu portavoz Camilo Vila, sempre cun tono moi irónico, entre as que poderiamos destacar a primeira sobre as xestións que fixo o concello para axudar a inscrición dos galiñeiros. O alcalde resposta que a partir de uns días porase en marcha o servizo xa anunciado da furgoneta da Policía Local que pasará polos pobos en días fixos cunha administrativa do concello, non solo para ese tema, se non para todas aquelas que necesiten.

Tamén se interesou de  por que non se informou antes da viaxe do alcalde a Ecuador. Tamén de que plans ten o grupo de goberno de cara ao proxecto do local social de Lamas e sobre o arranxo da ponte de Lamas. Con respecto a primeira anunciouse a compra de terreos para pronto, segundo afirmou o concelleiro responsable, ao que alcalde aseverou que ía ser esa mesma mañá. Neste punto puidemos saber que o grupo do PP non sabía nada desa compra. Tamén se interesou no capítulo económico sobre as facturas solicitadas no último  pleno sen ter resposta algunha. Por último a interpelación foi sobre os retrasos na  revisión dos salarios de persoal, respostando a secretaria que están no tema.

11

Grupo de apoio ao alcalde

Tocoulle despois a quenda a Elvira Lama para facer as preguntas, as cales foron na súa maioría de carácter económico.

A primeira foi a de cal foi o custe da saída da proba ciclista O Gran Camiño. Neste caso a resposta veu da concelleira Cristina Campero respostando categórica,  que foi soamente os agasallos a 4 corredores,u deles de Xinzo. Nese momento recibiu a felicitación dos membros do PSOE posto que o custe que lle pediron o ano pasado, segundo o Sr. Penabad, era imposible de acometer polo concello.

Tamén pediron os gastos, coa presentación das facturas sobre a oliveira do Pombal, e sobre todo o custe do Nadal 2023 e o Entroido 2024. A resposta do alcalde foi que serán enviadas en tempo e forma.

Curioso que nos 4 anos do goberno anterior, nunca se deron. Ó millor foi porque os membros do PP na oposición, nunca as solicitaron.

Reclamaron por último por segunda vez as solicitadas no pleno do 8 de marzo e a relación das dietas dos concelleiros que aínda non llas enviaron.

Tanto o PSOE como o BNG fixeron o rogo de que a ver si o PP saca a propaganda das faralas das eleccións galegas e o arranxo do audio do salón de plenos, porque é case imposible seguir a retransmisión dos mesmos.

O alcalde comprometeuse en enviar toda a documentación solicitada o antes posible, co que rematou o pleno.