I Xornadas de Lonxevidade en Xinzo, candidata a zona azul.

I Xornadas de Lonxevidade en Xinzo, candidata a zona azul.

As xornadas foron organizadas polo Concello de Xinzo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Plataforma Ourensividade e a Escola Rural de Saúde da Limia.

Hoxe a tarde deron comezo as I Xornadas Intercomunitarias de Lonxevidade e Hábitos Saudábeis, onde se reuniron expertos nacionais e internacionais para debater sobre os factores determinantes da lonxevidade e ofrecer pautas para un envellecemento activo e saudable.

4

Un dos temas principais foi a obtención da denominada "Zona azul", que son as áreas do mundo recoñecidas pola alta lonxevidade dos seus habitantes, e a promoción da nutrición e os habitos saudables. Tamén se falou da importancia de protexer os dereitos das persoas maoires e de previr a súa vulnerabilidade, asegurando así que teñan acceso a coidados e recursos para unha vida digna e plena. 

Entre as autoridades asistentes estiveron: Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense,  Ana Patricia Torres, voceira e deputada provincial do PP por Ourense, Amador Díaz, alcalde de Xinzo e Carlos Gomez, concelleiro de Cultura.

20

Carlos Gomez quixo agradecer tamén o compromiso dos colectivos involucrados, con especial mención a Pablo García Vivanco e a Lola rico polo seu apoio continuado a “iniciativas que promoven a saúde e o benestar da comunidade”.

Na mesa redonda de hoxe estiveron: moderador, Ricardo de la Fuente Cid, farmacéutico e dietista-nutricionista, coa intervición de : Pablo García Vivanco, farmacéutico comunitario e dietista-nutricionista, presidente de Ourensividad, José María Failde, Doctor en Psicoloxía, profesor titular da UVIGO, director do programa internacional de doutorado en ciencias sociais e do envellecemiento e presidente da Sociedade Galega de Xereontoloxía e Xeriatría, Manuel AS Santos, director científico do Instituto Multidisciplinar do Envellecemento de Portugal, catedrático da Facultad de Mediciña de Coímbra e director do Instituto de Biomedicina de Portugal, Dolores Fernández Marcos, médico especialista en Hidroloxía Médica do Grupo Caldaria.

23


Programa Sábado 29: 

10:00h.: mesa redonda "Asociacionismo na promoción de hábitos saudables", moderada por Paz Gómez del Valle, presidenta da asociación diabética AURIA, e na que intervirán representantes do CDR O Viso, FEMURO, a Escuela Rural de Saude da Limia e de Cruz Vermella.

11:00h: proxección do documental "Xinzo de Limia e as súas xentes e a súa comarca".

12:00h.: ponencia "Zoas azuis: lugares onde envellecer mellor", presentada por Cristina Conde Rodríguez, farmacéutica, dietista-nutricionista e vicepresidenta de Ourensividad. Esperanza Navarro Pardo: especialista en Psicoloxía Clínica, catedrática de Psicoloxía Evolutiva da Universidade de Valencia e Cátedra en Ciencias da Saude.

13:00h.: clausura, presentada por José Luis Prieto Salgado, farmacéutico, analista e óptico-optometrista, Manuel Mandianes Castro: Doutor en Antropoloxía, Teoloxía e Socioloxía, investigador do CSIC e escritor.

XA como remate serán as autoridades as encargadas de pechar as xornadas nun acto no que as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape con productos autóctonos da dieta atlántica. E a iso das 17:00 o encontro finalizara cunha visita guiada por Xinzo de Limia e a súa contorna.

23

21

16

25

6

12

15

22

14

8

18

20

10

3

4

13

19

17

2

27

26

7

24

9

1

11

5