Xinzo despediu a Daniel Blanco
19:55 29/07/24
19:55 29/07/24
Profesor durante a súa traxectoria profesional e concelleiro na política municipal
Hoxe a mañá moitos veciños de Xinzo despediron a Daniel Blanco, o que durante toda a súa traxectoria profesional foi profesor no CEIP Rosalía de Castro dende a súa inauguración, na que este ano se cumpriron 50 anos e cunha ampla traxectoria política como concelleiro de cultura durante varias lexislaturas.
Alumnos, compañeiros de política e sobre todo amigos pasaron durante o fin de semana polo velatorio para acompañar aos seus familiares, entre os que estaban a súa filla Silvia, que tamén foi concelleira durante varias lexislaturas.
Varios representantes municipais da comarca fixeron tamén acto de presenza acompañando a Daniel no seu último percorrido.